Presentámosvos a nosa gardaría de árbores
Creamos un pequeno viveiro comunitario no Centro Cívico de Canido para producir as nosas propias plantas.
Ler entradaUnimos propietarios de terras e voluntarios para devolver o bosque autóctono ao seu sitio. Sen experiencia previa, só ganas de mancharte as mans de terra.
A nosa historia
Tres capítulos para entender por que estamos aquí e como podes escribir o seguinte.
Houbo un tempo en que subir ao monte era escoitar o vento entre as follas dos carballos e pisar castañas no outono. Pouco a pouco, ringleiras rectas de eucalipto foron ocupando esa paisaxe. Medran rápido, si, pero levan consigo a auga, a sombra e os paxaros.
E cando chega o verán, esa mesma plantación arde cunha facilidade que o noso bosque autóctono nunca tivo.
Non queriamos seguir vendo como o eucalipto desprazaba as nosas árbores, nin como os incendios devoraban a terra. Así naceu Stop Eucalipto, unha iniciativa de Xeracion: unha pequena comunidade de persoas que cren no cambio.
Comezamos cunha idea sinxela. Poñer en contacto a quen ten un monte e non sabe como recuperalo con quen ten ganas de axudar.
Cada fin de semana de plantación é un pequeno acto de resistencia. Reforestamos, conectamos voluntarios con propietarios e formamos a mozos e mozas para que sexan parte da solución.
Esta historia non remata aquí. Escribámola xuntos.
Quero participarWe have a dream… reverter a eucaliptización da nosa terra e que castiñeiros, bidueiros e carballos recuperen o espazo que lles corresponde.
O plan
Tan sinxelo como soa. Ven, planta, actúa.
Atopámonos no monte, onde o eucalipto desprazou a biodiversidade. Coas mans na terra reconstruímos a paisaxe. Se nunca plantaches unha árbore, non pasa nada: ensinámosche e acompañámoste.
Cada árbore nativa é unha semente de futuro. Non reforestamos por inercia: eliximos especies autóctonas e aprendemos de quen leva anos coidando a terra. Cada raíz é resistencia contra o monocultivo e o lume.
O cambio tamén está en como consumimos e nas conversas que iniciamos. Por iso, ademais de reforestar, formamos en activismo dixital e participación cidadá. Protexer o bosque comeza polas nosas accións.
Que facemos
Eventos onde mozos e voluntarios plantan árbores nativas. Restauramos o ecosistema local e, de paso, o traballo en equipo e a conciencia ambiental.
Formación en defensa do medio ambiente e competencias dixitais para empoderar a mocidade.
Conversas entre mozos e responsables políticos para influír en decisións que coiden a saúde dos nosos ecosistemas.
Campañas para que todo o mundo entenda por que preservar o bosque autóctono é unha tarefa compartida contra o monocultivo e os incendios.
O noso impacto
Xuntos restauramos bosque nativo e empoderamos a mozos e mozas en defensa da natureza.
Blog
Crónicas de plantacións, viveiros e de por que un bosque non é o mesmo que unha plantación.
Creamos un pequeno viveiro comunitario no Centro Cívico de Canido para producir as nosas propias plantas.
Ler entrada
Os veciños de Brión e Doniños levan tempo mirando lonxe, coa mente posta no futuro dos montes.
Ler entrada
Algunha vez paseaches por un monte e sentiches que algo non cadraba? Quizais estiveches nunha plantación.
Ler entradaVoces do monte
Participar en Stop Eucalipto foi unha experiencia transformadora. Cada día traballamos por un futuro máis sostible e conectado coa natureza.
Encántame saber que o meu esforzo contribúe a restaurar os nosos bosques. Cada xornada é unha oportunidade para aprender e facer amizades.
Contacto
Gustaríache participar nalgunha das nosas plantacións? Tes un monte de eucaliptos e quererías transformalo nunha fraga? Escríbenos. Encantaríanos traballar contigo polos nosos bosques.